Como interpretar un cosmético

Como interpretar a información dun cosmético


As normativas europea e española son bastante precisas en canto ós datos que deben figurar na etiquetaxe dun cosmético. Consta, en primeiro lugar, o nome comercial e a cantidade expresada habitualmente en gramos ou en mililitros (segundo sexa o caso).

As iniciais C.N. indican "código nacional", e refírense ó número que lle asigna a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios ós produtos de parafarmacia. Non sempre é necesario.Os cosméticos de supermercados, perfumerías e grandes superficies habitualmente non o teñen, porén deben figurar claramente o fabricante e o responsable da posta no mercado do produto, que deberán estar previamente rexistrados en Sanidade. Os códigos nacionais son unha secuencia numérica de 7 díxitos (6 máis un engadido despois dun punto). No caso dos cosméticos, a dúas primeiras cifras oscilan entre 15... e 39... Cando a primeira cifra do C.N. é maior de 6 trátase dun medicamento.

Tamén deben constar unhas instruccións e recomendacións elementais de uso, de tal xeito que non se aplique incorrectamente. Dado que os cosméticos son de uso externo, non é necesaria unha información evidente como "de uso externo" ou "non inxerir", pero, as veces, aparece. Se son produtos moi acedos ou algo irritantes é recomendable que leven a anotación: "evitar contacto cos ollos e mucosas".

Un dato fundamental son os ingredientes, os compoñentes da fórmula (que deben figurar obrigatoriamente). Poden aparecer en español ou en inglés seguindo unha nomenclatura denominada INCI (international nomenclature of cosmetics ingredients) Os ingredientes deben aparecer nesta listaxe seguindo unha orde descendente de proporción: é dicir, figura de primeiro o que ten unha maior concentración no produto e de último o máis escaso. Iso sí, para protexer o segredo da fórmula comercial non é necesario que figuren as proporcións exactas.

O fabricante ou laboratorio deben figurar de forma nominal ou ben con unha clave que outorga o Ministerio (neste caso: 521-C) que identifican ó produtor en caso de que sexa preciso.

Por último, hai dúas formas de indicar a caducidade do cosmético. A primeira, por unha data de caducidade específica (normalmente: mes/ano). Isto é especialmente común nos cosméticos que non toleran unha almacenaxe longa, que perden a súa estabilidade co tempo ou que teñen produtos perecedeiros, por exemplo: aceites vexetais que se enrancian. A segunda forma -que é á máis habitual- é mediante unha icona que representa un bote coa tapa aberta no que figura unha cifra que indica os meses que se conserva en boas condicións despois de abrilo (normalmente 6 ou 12 meses). O problema deste indicador, denominado PAO (iniciais en inglés: period after open) é que case nunca lembramos cando se abriu, polo que sería interesante anotar cun rotulador indeleble esta data no envase. A marcaxe CE non indica "Comunidade Europea", (sería Unión Europea) senón que está fabricado Conforme Esixencias, e pódese aplicar a calquera produto que cumpla a normativa, o cal é -por outra parte- obvio.

Adicionalmente, pode aparecer outra información, como o material do envase (p.e. PET) nun triángulo cun número. Os números máis baixos ( 1 e 2) son m´is dodados de reciclar. Os números 4 a 6 son plásticos máis difíciles de reciclar. Os de número 3 e 7 son case irrecuperables. Tamén pode constar a icona de ecoembes (dúas flechas en remuíño), que indica que o fabricante dispón dun sistema integrado de xestión para a recollida selectiva e a recuperación de envases para reciclado. Cando aparece unha letra ε (épsilon) orientada hacia a esquerda indica que o produto cumple coas lexislación sobre aerosois (por exemplo, que non contén CFC). Un símbolo de unha man sobre un libro indica que as intruccións teñen certa complexidade e veñen en folleto á parte.O código de barras (que outorga a Asociación Española de Codificación Comercial) non é obrigatorio nos cosméticos, aínda que é útil para a loxística e o manexo comercial.