Definición de cosmético

Por lei (RD 1599/1997 e Regulamento (CE) nº 1223/2009 sobre os produtos cosméticos), a definición de cosmético é a seguinte: "toda sustancia ou preparado destinado a ser posto en contacto coas diversas partes superficiais do corpo (epiderme, sistema piloso e capilar, uñas, beizos e órganos xenitais externos) ou cos dentes e as mucosas bucais, co fin exclusivo ou principal de limpalos, perfumalos, modificar o seu aspecto e/ou corrixir os olores corporais e/ou protexelos e mantelos en bo estado".

Por tanto, un xabón, unha crema hidratante, unha mascarilla capilar, un dentífrico, un lubricante xenital, un perfume, etc. serían exemplos de cosméticos.

Aínda que a definición é bastante clara, convén deslindar ben os cosméticos de tres categorías: medicamentos, alimentos e produtos sanitarios.

Calquer produto -aínda externo- destinado a curar ou aliviar enfermidades non sería un cosmético, sería un medicamento.

Tampouco ningún complemento nutricional sería un cosmético.

Os produtos sanitarios -que son unha categoría con definición propia- (unhas medias elásticas, unhas tesoiras ou cortauñas, as compresas hixiénicas, un aplicador de frío ou calor) tampouco son cosméticos.

voltar á páxina principal