Neopel

Neopel, é unha liña cosmética propia de Dermotenda, fabricada en Galicia, e coa cantidade mínima de ingredientes, especialmente aditivos, perfumes e conservantes. Foi desenvolvida polo dermatólogo compostelán Dr. Emilio del Río pensando no tipo de pel delicada dos galegos, baseándose na experiencia cotián de 25 anos de atención médica dermatolóxica. Se Neopel está pensada para peles con problemas dermatolóxicos, son aínda máis útiles para peles saudabeis.

Neopel Aceite de ducha é un xel-aceite para a hixiene diaria con unha alta presenza de aceites vexetais relipidizantes e antioxidantes que conseguen, coa simple utilización na hixiene cotián, suavizar e recuperar os lípidos que debe ter a pel para unha axeitada resistencia e flexibilidade.

O aroma de Neopel aceite de ducha é de esencia de eucalipto, o que lle confire un carácter balsámico que nos evoca a vella tradición termal galega. O conservante que leva é tocoferol, é dicor, vitamina E, con unha beneficiosa acción directa sobre a pel, ademáis de evitar a degradación e o enranciamento dos aceites que o compoñen. aditivos (no caso de seren imprescindibles para a correcta conservación do produto) están estrictamente controlados, escollendo aqueles que sexan menos irritantes e alerxénicos.

O segundo produto, Neopel lactato, é un emoliente en loción-crema que recupera as peles danadas gracias ó lactato sódico nunha concentración do 12%, que rexenera o "Factor Hidratante Natural" da pel e que combina perfectamente con Neopel aceite de ducha. O lactato é un alfa-hidroxi-ácido derivado do leite que consegue revertir incluso parcialmente a atrofia que poden producir or corticoides tópico e a fraxilidade das peles avellentadas.

Finalmente, Neopel champú de estados descamativos leva como ingredientes activos ictiol (sodium shale oil sulfonate) e piroctona olamina que contribúen a aliviar o picor, a roxez e a inflamación producida polo eccema seborreico (moi frecuente en Galicia, particularmente nos longos invernos de frío e choiva) e as formas leves de psoríase de coiro cabeludo. O ácido salicílico é un eficaz activo antidescamación que contribúe a eliminar as células mortas do coiro cabeludo. Debe usarse no só para o tratamento do proceso (incluso con lavado diario), senón como tratamento preventivo e continuado, cando menos 2 veces por semana.

voltar á páxina principal