Os tipos de pel

Os tipos de pel


  É moi imortante coñecer o tipo de pel de cada persoa, de cada zona do corpo e os cambios que se dan co sexo e coa idade para escoller o cosmético axeitado para cada área.

En xeral, considéranse tres tipos de pel: seca, mixta e graxa. Sen embargo, isto non é exactamente así. En realidade, todas as peles forman un continuum desde peles secas,a un pouco menos secas, normais ou equlibradas, algo graxas e moi graxas.

A pel cambia coa idade. A maioría dos nenos (salvo os cativos menores de 3 meses que teñen a pel graxa polas hormonas maternas) teñen a pel seca, até que -ó comezar o estímulo hormonal na pubertade- a pel vira máis graxa, (mesmo graxa de máis...). Os adultos adoitamos ter a pel normal ou lixeiramente graxa. Despois da menopausia, a pel feminina vólvese de novo un pouco máis seca, pero non demasiado seca. No caso dos varóns segue sendo graxa durante toda a vida.

Se temos en conta o sexo, cómpre dicir que as mulleres teñen a pel algo máis seca que os varóns, pero a diferencia entre a pel seca dun neno de 7 anos e dunha nena da mesma idade ou entre a pel graxa dun adolescente de 15 anos e unha rapaza da mesma idade é case nula. Polo tanto, non é un factor demasiado importante para ter en conta.

Tampoco todas as zonas do corpo son iguais: a cara é máis graxa que o tronco; e o tronco é máis graxo que as mans ou os pés (que son sempre as zonas máis secas do organismo en canto á secreción sebácea, -que non debemos confundir coa sudoración-). Mesmo dentro da cara hai diferenzas: a zona na que hai maior densidade de glándulas sebáceas e máis activas é a zona "T": testa, nariz e queixelo, mentras que os pómulos e as mandíbulas son algo máis secas. Quizáis de aí vén a idea algo heterodoxa das peles mixtas: todos, en realidade, temos a pel algo mixta.

Emilio del Río, médico dermatólogo, Clínica DERMALAR, Santiago de Compostela,