Produtos propios de Dermotenda

Dermotenda dispón de dúas liñas propias de cosméticos, fabricados en Galicia, con criterio dermatológico e os máximos estándares de calidade, recuperando e revitalizando a vella tradición cosmética galega, hoxe deslocalizada e despersonalizada.

A primeira das liñas Neopel está pensada para peles especialmente delicadas, coidando a composición con todo detalle, seleccionando os ingredientes e reducíndoos ó minimo imprescindible. Os conservantes e aditivos (no caso de seren imprescindibles para a correcta conservación do produto) están estrictamente controlados, escollendo aqueles que sexan menos irritantes e alerxénicos.

A segunda liña propia de Dermotenda, Avive, está pensada para peles máis maduras, con un afán máis cosmético, buscando non tan só conservar e coidar senón mellorar os signos incipientes de avellentamento.

voltar á páxina principal